E logo o inicio fúndese no final
mentres que nalgún lugar da miña esencia,
cérrase unha parte, unha porta quizaís.
Sinto que é momento de afronta-la conciencia.
Son un oscuro e hormonado ser da terra
que farto xa de tantas e variadas cerdas
decide collé-lo seu rabo de touro e dicirlle:
- Deixa xa, de manda-lo todo a merda.
Rompín esquemas inculcados na miña infancia
nunha búsqueda interminabñe e costosa...
Perdín cachiños do meu pequeno corazón
de cada paso que dín, de cada idea espantosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario