Grazas Deus do Tempo. Grazas por por marco tan gris, claro e cheo de orballo ao meu desacougo. Provocado por arcos tristes que son fermosas casas, fermosos pazos.
A miña andaina comezou o mesmo tempo que o desacougo, comezou na praza dos paxaros e seguiu pola travesa escollida polo instinto que, coma unha fiestra, abriume un montón de segredos e peripecias: Camiñei polas rúas brancas e as grises alonxándome dos bordes dun recuncho perdido no tempo. O novo cheirábame mal.
Pasei pola praza dos oito gatos negros, corrín a saudar a Janis, voltei e encontreime na traxectoria dun cañon que non vira antes, refuxeime do seu fogo nos arcos de San Bartolomeu, visitei as casas de todos, según dín, e deixei en mans dun mendigo un veleno que mata pouco a pouco.
Todo isto aconteceu na gris mañá que o Deus do Tempo otorgoume pra o meu camiñar, e neste intre sinto o desacougo creado polos tantos segredos e tantas peripecias que recibín daquela fiestra elixida por instinto. Desacougo que realmente foi provocado pola beleza e a liberdade de elexir.
E maís volvín pola fiestra, e senteime fronte a magnificente obra branca e descubrín que a praza dos paxaros levaba o nome do meu orixe.
Escoitanse gaivotas. Saiu o sol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario